top of page

O Xulgado arquiva o caso "Desbroces" impulsado por Alejandro Lorenzo e o PP.




ARQUIVASE A ÚLTIMA DENUNCIA DO ALCALDE CONTRA EVA GARCÍA DE LA TORRE E ORLANDO MÁRQUEZ POR DESBROCES


O auto de sobresemento foi notificado o pasado venres polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrución nº 2 de Porriño, seis anos despois de que se abriron as causas xudiciais.


A causa xudicial derivada da denuncia realizada polo actual alcalde Alejandro Lorenzo e o Partido Popular de Porriño no denominado "caso desbroces" acaba de ser sobreseída polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrución nº 2 de Porriño.


Así o dita o órgano xudicial mediante un auto de sobresemento da causa, mostrando a inocencia dos encausados que foi coñecido o pasado 12 de setembro de 2023.


Ante estes feitos, os membros do grupo municipal socialista de Porriño, David Alonso Bargiela e Sthela Taboas, declaran que "a Xustiza chega por fin a seis anos de acoso xudicial por parte de Alejandro Lorenzo, que dedicou o seu tempo a paralizar Porriño e xudicializar a vida municipal, poñendo en dúbida a honradez de persoas como a finada exalcaldesa Eva García de la Torre ou concelleiros como Orlando Márquez, entre outros encausados por este proceso.


Os socialistas fomos testemuñas de como o Partido Popular, encabezado polo alcalde Alejandro Lorenzo e o seu número 2 Carlos Martínez, levaron á finada Eva García de la Torre e Orlando Márquez aos tribunais acusándoos de prevaricación, tráfico de influencias e falsidade documental, na adxudicación de contratos dos servizos de limpeza e desbroce. Agora por fin, se fai xustiza e só queda ver como o alcalde de Porriño pide perdón por tanto dano xerado á imaxe das persoas encausadas e á imaxe do propio Concello de Porriño ante os cidadáns".


Recurso do PP á decisión xudicial de sobresemento.


Tras coñecerse a decisión xudicial, o pasado luns 18 de setembro, o PP de Porriño interpuso un recurso contra a decisión de sobresemento do caso "desbroces".


Unha decisión que mostra para o PSOE de Porriño, o "nerviosismo" de Lorenzo e "o intento de manter viva unha estratexia política de deslexitimación e acusacións que só enturba o papel da xustiza, cargándoa con máis causas ao tempo que lles permite ocultar a súa propia mala xestión e as prácticas caciquís que benefician a familiares, membros e exmembros de lista do PP e amizades".


A secretaria de política municipal do PSdeG-PSOE de Porriño, Sthela Táboas, criticou duramente ao portavoz do partido Popular de Porriño, Carlos Martínez, a quen acusou de instigar este recurso xudicial indicando que "respectamos o recurso de reforma e apelación impulsado polo señor Carlos Martínez, avogado e tamén ex portavoz do ex alcalde Nelson Santos. O señor Martínez ten que gañarse o seu soldo político, pero quero lembrarlle que só profundiza no seu erro político. Dous erros seguidos non se converten nun acerto. Asuman a sentenza xudicial e deixen de gastar fondos públicos en denuncias xulgadas para manter unha mentira".


Dimisión do Alcalde do Porriño.


Pola súa banda, o secretario xeral dos socialistas de Porriño e portavoz municipal, David Alonso Bargiela, solicitou hoxe a dimisión do alcalde de Porriño por estes feitos. "Pido a dimisión de Alejandro Lorenzo. Un alcalde debe ante todo, asumir a súa responsabilidade ética e política en casos como este.


"O señor Lorenzo debe asumir a súa responsabilidade ética coas persoas ás que acusou de forma inxusta e ás que perseguiu políticamente e mediaticamente co triste resultado que todos coñecemos. Pero tamén debe asumir a responsabilidade política de paralizar o Concello e os seus pagos, forzando así aos porriñeses a pagar un millón de euros en intereses de demora por non pagar as facturas a tempo". "Lorenzo impediu o pago de facturas -incluso de facturas lexitimadas por traballos realizados- provocando que todas e todos os porriñeses paguemos preto de 1M€ en intereses de demora. Unha mostra máis da súa irresponsabilidade e falta de escrúpulos ".


130 visualizaciones0 comentarios
bottom of page