top of page

DAVID ALONSO PROPÓN UN NOVO AUDITORIO E UN CONSELO LOCAL DE CULTURA


O candidato socialista David Alonso Bargiela, presentou hoxe algúns dos seus compromisos e inversións en materia de cultura para plantexar que o PSOE: ten un proxecto cultural para Porriño moi distinto ao do Partido Popular.


O primeiro anuncio do candidato socialista foi un compromiso coa construcción dun auditorio municipal, unha demanda compartida por toda a cidadanía. O PSOE ten xa un anteproxecto e xa temos unha zona pensada no casco urbán para poder construila e estou seguro de que acadademos o apoio da Deputación de Pontevedra para poder impulsar este proxecto.


Outra das propostas estratéxicas do candidato socialista é o da ampliación da Casa de Cultura. Alonso apuntou que durante a visita que o Delegado de Goberno en Galicia, Xose Ramón Gómez Besteiro fixo a Porriño, lle trasladou a proposta de ampliación da Casa de Cultura do Porriño, ubicada no edificio das Escolas Graduadas, que polo seu carácter de edificio de valor histórico, podería recibir financiación do Programa 2,5% Cultural do Ministerio de Fomento, un programa que financia a rehabilitación e mellora de edificios históricos. O candidato socialista afirmou que O Porriño precisa dunha sala de exposicións e maior espazo no Centro Cultural cun proxecto de ampliación respetuoso co edicicio.


Unha programación cultural máis democrática e descentralizada.


Alonso anunciou a posta en marcha dun Consello Local de Cultura integrado polas asociacións e entidades culturais do Porriño para planificar a actividade cultural do Porriño. “Os porriñeses/as están cansos de gobernos que non escoitan e aplican rodillos culturais dacordo aos seus intereses políticos ou de amizades. Para elo temos que darlle voz a os artistas, creadores e persoas do mundo cultural para, entre todos, definir un programa cultural plural, para todos os públicos, pero sen renunciar a apostas que atraían a O Porriño a artistas ou eventos de referencia. Gosto dos Dj´s e das grandes orquestas, pero a cultura é moito máis”


Alonso descatou tamén a importancia de descentralizar as actividades culturais nas parroquias. “Todas as parroquias teñen dereito a que as actividades culturais cheguen a elas. Para elo, temos que impulsar a colaboración coas asociacións cunha programación cultural descentralizada e unha rede Ludotecas municipais para a conciliación das familias traballadoras e promover actividades culturais para os máis pequeños.

46 visualizaciones0 comentarios
bottom of page