DAVID ALONSO PROPÓN UNHA REDE DE LUDOTECAS E COIDADORES E A MUNICIPALIZACIÓN DA AXUDA NO FOGAR.
- novoimpulsooporrin
- 12 may 2023
- 1 Min. de lectura

O candidato socialista David Alonso Bargiela, anunciou hoxe os seus primeiros compromisos en materia de política social cunha aposta por reforzar a políticas de benestar social, familia e terceira idade no Concello.
Para elo, o líder socialista apostou por reforzar o departamento de Asuntos Sociais do Concello e o impulso dunha Rede Municipal de Centros Sociocomunitarios do Porriño en colaboración cos centros parroquiais para mellorar e amplificar a axuda social ás persoas desfavorecidas a través dunha nova ferramenta dixital: a tarxeta de dignidade familiar. Estos centros sociocomunitarios, servirán tamén para crear unha rede municipal de Ludotecas municipais para a conciliación das familias traballadoras.
O candidato socialista destacou que a política social será unha das grandes apostas do seu gobernó, e apuntou á necesidade de municipalizar o Servizo de axuda no Fogar ante o abandono que a Xunta de Galicia está a dar a este Servizo.
Unha política para a terceira idade seria.
Así mesmo, Alonso anunciou a posta en marcha dun Servizo de coidadores de barrio para a terceira idade e contrucción dun novo centro social para eles, a Casa do Maior, para crear un punto de entontro e de servizos para eles.
Se os porriñeses así o deciden, afirmou Alonso, comezarei a negociar coa Xunta de Galicia a construcción no Porriño dunha Residencia Pública para a Terceira idade algo de vital importancia para os nosos mariores claramente necesaria.
Comments