top of page

O PSOE ASPIRA A UNHA MAIORÍA PROGRESISTA CON ALCALDE SOCIALISTA O 28 DE MAIO


O partido socialista do Porriño realizou hoxe unha valoración positiva da evolución da campaña electoral, que entra na súa recta final. Os socialistas síntense fortes e ilusionados cun goberno progresista encabezado por un alcalde socialistas. O seu candidato, David Alonso Bargiela, valorou positivamente a evolución da campaña e afirmou hoxe que "cada día son más persoas as que nos trasladan que O Porriño merece un goberno e un alcalde que estén á altura do que O Porriño merece, e que este último ano, o actual alcalde non só está a malgastar os fondos do Concello, senón que non acadou ninguna obra de referencia". O lider socialista aformou que “O Porriño precisa un alcalde con ambición, non un concelleiro de festexos e o 28 de maio os porriñeses deben escoller entre dúas alternativas: o modelo conservador do PP e o modelo social do PSOE. Teño a convicción e a esperanza de que o 28 de maio, os porriñeses apostarán de novo polo modelo social e de progreso que representa o PSOE e confiará nunha nova maioría progresista cun alcalde socialista. Para elo, e dende o respeto democrático, pido aos porriñeses que concentren o voto de cambio no PSOE.”

 

David Alonso afirmou que quere impulsar un goberno de progreso con tres grandes prioridades: as políticas socioeducativas e ambientais, a remodelación urbana co soterramento do paso a nivel e a modernización da administración local para impulsar a transparencia e a participación cidadá.

 

O candidato socialista desgranou os seus primeiros 5 compromisos prioritarios se o 28 de maio os porriñeses lle otorgan a súa confianza.

 

A primeira decisión de Alonso se resulta alcalde, será o de retomar de xeito inmediato as conversas con FOMENTO, para impulsar o soterramento do paso a nivel do Porriño que o actual alcalde “escondeu no caixón dende xullo de 2022 de xeito incomprensible. Alejandro Lorenzo ten a proposta de convenio de ADIF dende fai case un ano e non fixo nada.

 

O segundo compromiso de Alonso será o da posta en marcha dun estudo para crear un gran anel verde arredor do Porriño recuperando os cauces do Louro e os río Couso e Filgueira, tomando como modelo o proxecto da cidade vasca de Vitoria. Será un proxecto que xenere un colchón verde que mellorará enormemente a calidade de vida dos porriñeses e mellorará a nosa biodiversidade dende As Gándaras ata o casco urbán e Torneiros.

 

En tercer lugar, o candidato socialista comprometeuse a impulsar un ambicioso programa social cunha rede de ludotecas de conciliación nas parroquias, a posta en marcha dun Servizo de coidadores de barrio para persoas maiores e o Bono Taxi para que os maiores poidan acudir ao centro de saúde ou a tarefas diarias no casco urbán.

 

En cuarto lugar, Alonso situou a redacción dos proxectos do novo Auditorio Municipal e a Piscina Cuberta en Torneiros, dous proxectos estratéxicos para O Porriño, aos que sumou a compra da casa dos “Pereiro Castro” no barrio de San Benito, que será a sede da nova concellería de Urbanismo e Desenvolvemento Sustentable, para darlle vida ao barrio.

 

Por último, Alonso tamén se comprometeu a iniciar as labores de reforma do Campo da Feria para xerar un Espazo Xoven para a mocidade, espazo cuberto, con zona wifi gratuita e zonas de pump-track e deportivas querepresenta un anhelo para a a mocidade porriñesa.

 

 

Final de campaña.

 

O candidato socialista encara o final de campaña, que pecharán cun acto central no barrio de San Benito, quixo lanzar unha mensaxe aos porriñeses: “o 28 de maio os porriñeses deben valorar qué modelo de cidade queren, a dun modelo que abandonou ás persoas e centrada en malgastar os fondos públicos, ou un modelo social e sustentable para Porriño. Estas eleccións son cousa de dous: PSOE e PP, e pido a todos os progresistas que concentren o voto no PSOE para crear unha gran maioría progresista cun alcalde socialista. Estou convencido de que é posible e o domingo animo a todo o mundo a votar democráticamente para que esto sexa posible".

54 visualizaciones0 comentarios
bottom of page