O PSOE TILDA DE "ESCANDALOSO" AS ADXUDICACIÓNS DE ALEJANDRO LORENZO A COMPAÑEIROS DE PARTIDO
- novoimpulsooporrin
- 16 nov 2022
- 2 Min. de lectura

O PSOE PIDE A COMPARECENCIA URXENTE DE ALEJANDRO LORENZO PARA EXPLICAR O CONTRATO ADXUDICADO AO PRESIDENTE DA ENTIDADE LOCAL MENOR DE CHENLO
A comisión executiva local dos socialistas do Porriño esixiu hoxe ao alcalde Alejandro Lorenzo e ao Partido Popular, explicación urxentes sobre as últimas informacións que vinculan ao alcalde do Porriño cun contrato adxudicado o pasado mes de Xullo de 2022 por valor de por una cantidad de 6.475,92 € ao actual presidente da Entidade Local Menor de Chenlo, tamén do PP, Jacobo Alonso Iglesias, para o “Suministro e instalación de tarima flotante nas aulas da Escola Unitaria de Mosende”.
O PSdeG-PSOE afirma na súa nota de prensa que este tipo de “contratos políticos” deben facernos reflexionar sobre o modelo de xestión que está implantando este alcade que apunta ao beneficio político, e que pon en cuestión o modelo ético que se espera de dous institución municipais como son a alcaldía do Porriño e a presidencia da Entidade Local Menor de Chenlo.
Contratos “políticos”
Os socialistas do Porriño afirman que a adxudicación a un membro do Partido Popular en activo noutra administración local como é a Entidade Local Menor de Chenlo, menoscaba a imaxe ética de ambas institucións e “nos tememos que esta sexa a punta do iceberg, toda vez que se nos está negando o acceso a varios expedientes de contratación de servicios municipal que o grupo socialista ten solicitado e nos que apreciamos aspectos que precisan unha aclaración en canto aos criterios de adxudicación a persoas cercanas ao entorno do partido popular que imos investigar”
Os socialistas solicitarán a explicación a través do grupo municipal socialista por parte do alcalde deste contrato no vindeiro pleno e tamén pedirán ao presidente da Entidade Local Menor de Chenlo que aclare este contrato e se aspira a acadar máis contratos deste tipo dende a súa posición de influencia como presidente da entidade local menor de Chenlo.
Commenti