top of page

O PSOE PIDE A DECLARACIÓN DE “FESTA DE INTERESE TURÍSTICO GALEGO" PARA O "XOGO DA OLA"

O Grupo Municipal Socialista do Porriño presentará no vindeiro pleno unha iniciativa dirixida a promover a declaración por parte da administración autonómica de “Festa de Interese Turístico Galego” para a festa tradicional “Xogo da Ola”.



De acordo co previsto no artigo 93.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, a Administración da Xunta de Galicia poderá declarar festas de interese turístico de Galicia aquelas manifestacións que supoñan unha valorización da cultura e das tradicións populares e que teñan unha especial importancia como atractivo turístico.


Para acadar este galardón, o evento debe cumplir varias características, entre as que se atopan o de ter unha antigüidade maior de 20 anos, singularidade e arraigamento e un claro valor cultural.


O “Xogo da Ola” é unos dos eventos con maior arraigo do antroido tradicional porriñés que superou nesta última 2022, as 75 edicións, tendo un claro arraigo, documentado gráficamente e unhas regras claras que foron pasando de xeración en xeración.


O Grupo Socialista considera que a Corporación Local debe apoiar esta iniciativa para que se inicien os trámites para acadar esta declaración e conseguir a maior difusión galega e estatal desta mostra de patrimonio inmaterial porriñes e un dos elementos do Antroido Tradicional porriñes.



 
 
 

Comentários


©2022 por Socialistas do Porriño (PSdeG-PSOE). Creada con Wix.com

bottom of page