O PSOE PORRIÑÉS CRITICA O ESTADO DE ABANDONO DAS ÁREAS INDUSTRIAIS E PIDE UN CONVENIO DE MANTEMENTO
- novoimpulsooporrin
- 20 ago 2022
- 2 Min. de lectura

Os socialistas lamentan o abandono do mantemento dos polígonos de As Gándaras e A Granxa e plantexan un acordó coas entidades emoresariais para realizar as tarefas de mantemento.
O grupo municipal socialista do Porriño plantexou hoxe a necesidade de impulsar un convenio coa Entidade Urbanística de Conservación do Polígono de A Granxa e coa Asociación de Empresariós do Polígono de As Gándaras, para a realización das tareas de mantemento, desbroce e limpeza dos viales das zonas industriais. O grupo socialista resume o estado actual dos polígonos de “abandono crecente, tanto en viais, como en luminarias, desbroces e limpeza”
O grupo socialista quixo trasladar á comunidade empresarial o seu apoio neste intres e trasladar unha solución ante este estado de abandono, tal e como xa propuxo nunha enmenda aos orzamentos municipais que o alcalde Alejandro Lorenzo non quixo negociar. Trátase dun convenio de mantemento coas entidades empresariais para acadar unha partida orzamentaria para poder realizar o mantemento

O voceiro socialista, David Alonso Bargiela, trasladou á comunidade empresarial a súa vontade de plantexar unha moción no vindeiro pleno da corporación para iniciar negociación coa comunidade empresarial dos polígonos de As Gándaras e A Granxa para acordar unha dotación económica para realizar as tarefas de mantemento e impulso das infraestructuras dos mesmos, ante o seu avanzando estado de deterioro. Algo que, lembrou Alonso, “xa realizan en parte entidades como a EUC de A Granxa, que ten infraestructuras ao seu cargo. Trátase dun modelo exitoso que xa funciona en moitos polígonos como en Valladares (Vigo), con moi bós resultados e aceptación por parte da comunidade empresarial.

Alonso lembrou que “durante os últimos anos, os gobernos socialistas impulsaron varias accions de mellora dos accesos, rotondas e viais dos polígonos, ou a nova gardería impulsada pola Zona Franca, algo que nunca fixo o PP. A comunidade empresarial inda lembra cando o PP subiu un 800% a taxa de recollida de lixo á comunidade empresarial. Para cobrar, non teñen reparo, pero en canto a mantemento ou mellora, só os socialistas arrimamos o hombro. Esiximos a Lorenzo que siga solicitando as axundas de mellora dos polígonos e que a Xunta de Galicia deixe de marxinar a O Porriño.”
O voceiro municipal socialista David Alonso Bargiela rematou afirmando que “ademáis da mala xestión na limpeza, a increíble decisión de colocar contenedores que non serven e só ponen en perigo a saúde dos porriñeses, agora o PP abandona calquer mantemento da zona industrial do Porriño. “Unha vez máis, lamentablemente, temos que indicar que o alcalde sigue ao seu, de festa”, zanxou David Alonso.

Commentaires