O PSOE PIDE A RESCISIÓN DE CONTRATO DA EMPRESA DE LIMPEZA POR INCUMPRIMENTO DE CONTRATO
- novoimpulsooporrin
- 17 ago 2022
- 2 Min. de lectura
Os socialistas lamentan a falta de seguemento por parte do gobernó local das clausulas do contrato asinado coa empresa.

O grupo municipal socialista do Porriño informou hoxe que solicitará o inicio do expediente de rescisión de contrato coa empresa adxudicataria do Servizo de limpeza municipal por non cumplir as clausulas da licitación e do contrato
O grupo socialista informou que dacordo coa clausula 4 da licitación, a empresa disponía de 6 meses para instalar os novos contenedores e composteiros, e non cumpriu coas clausulas do mesmo. “A empresa adxudiataria – informan os socialistas- presentou uns contenedores que non servían para carga dos camións, dado que a zona de carga era na parte posterior da zona de depósito dos residuos, o que incapacitaba o seu uso en zonas nas que tivera que estár apoiada en paredes ou aceiras, un grave erro de planificación. Literalmente, os contenedores non valen, ata o punto de que o concelleiro responsable da área, prohibiu á empresa que seguirá colocándoos.”. Os socialistas afirman que ademáis dos contenedores, a empresa estaba obrigada a instalar 1.000 composteiros, cousa que non fixo ata o de agora, o que non parece importar ao gobernó local.
Dacordo cos datos do grupo socialista, a empesa adxudicataria ten a obriga legal de instalar contenedores e composteiros no casco urbán e nas parroquias, e o gobernó local debería ter analizado o tipo de contenedor antes de que a empresa os adquirise. “Agora temos centos de contenedores almacenados que non se poden usar por non servir para o sistema de carta dos camións recolledores e probablemente a empresa non queira comprar outros. A cuestión - afirman os socialistas - ¿por qué o concelleiro e o goberno local permiten esta situación?
A empresa adxudicataria, está dirixida por un ex alto cargo do PP na Xunta de Galicia (SOGAMA) o que fai preguntarnos por qué o goberno local non toma as decisión que se preveen no propio contrato ante incumprimentos de este tipo.
O voceiro municipal socialista David Alonso Bargiela afirmou que o goberno de Alejandro Lorenzo segue a dar, día a día, mostras da súa incapacidade para gobernar. Agora, ademáis da mala xestión da limpeza e dos desbroces, a permisividade coa empresa de recollida de lixo. “O alcalde sigue ao seu, de festa”, zanxou David Alonso.
Por último, os socialistas afirman que levarán ao pleno da corporación unha iniciativa para que sexa o gobernó o que inicie este expediente motu proprio. De non ser así, os socialistas estudian iniciar medidas legais ao respecto.
コメント