top of page

O PSOE PIDE A COMPARECENCIA DO GOBERNO LOCAL E 061 PARA ACLARAR O SUCEDIDO CO BEBÉ CON HIPOTERMIA.


(foto de arquivo de David Alonso visitando o Centro de Saúde con parlamentarios socialistas)


O PSDEG DO PORRIÑO PIDE A COMPARECENCIA URXENTE DO ALCALDE E A CONCELLEIRA DE SANIDADE PARA ACLARAR O SUCEDIDO CO BEBÉ EN ESTADO DE HIPOTERMIA.


O PSdeG-PSOE O Porriño solicitou hoxe a comparecencia do alcalde e a concelleira de sanidade do Porriño para dar explicación sobre a labor da policía local sobre o caso do bebé que fai uns días sufriu unha situación de hipotermia, ante o cruce de acusacións entre os servizos do 061 e a Policía Local sobre o acontecido


Os socialistas queren aclarar se a labor da policía estivo xustificada ou como indica o 061, existía un vehículo medicalizado máis adecuado para solventar esta situación. “Non se trata de porse ou quitarse medallas, trátase de que se debe seguir un protocolo de actuación consensuado e adecuado ante estas situacións e dispor dos medios necesarios. Para evitar este tipo de debates ante a ciudadanía, temos que ter toda a información para valorar se a actuación da policía local foi a adecuada ou se o 061 fixo ou non o que debía.”


O voceiro local do PSdeG-PSOE do Porriño, David Alonso Bargiela, esixiu explicacións ao alcalde do Porriño: “ Os socialistas queremos traballar en positivo neste tema, solicitanto máis medios e información, pero o alcalde do Porriño debe explicar o acontecido e non estar cos brazos cruzados no eido sanitario. ¿Vai seguir dicindo como no último pleno da corporación que todo funciona axeitadamente, coma o servizo de citación telefónica ou vai a tratar de esclarecer estes feitos e evitar que se repitan no futuro? O neno en cuestión salvouse, pero debemos evitar no futuro situacións coma estas, temos que estar mellor preparados no futuro e ter utilizar o vehículo máis adaptado e un protocolo único.”


"Comprobamos día a día os recortes do SERGAS e do 061 e os continuos recortes en medios e equipos médicos, ambulancias en mal estado das subcontratas e recortes no personal humano. Por iso debemos aclarar esta situación".


Aclaracións no Parlamento e Mesa Local de Seguridade


Dende o PSdeG-PSOE O Porriño informaron que solicitarán no vindeiro pleno a comparecencia do alcalde como responsable da policía local e da concelleira de sanidade e informes detallados tanto da policía local coma do 061 para aclarar esta situación para que a próxima urxencia como esta, poida ser trasladada dacordo a un protocolo e o vehículo máis axeitado.


Asimesmo, os socialistas informaron que estudiarán preguntarán a través do Grupo Parlamentario Socialista Galego á Consellería de Sanidade sobre o acontecido neste caso e estudian solicitar a convocatoria da Xunta Local de Seguridade para evaluar o acontecido e tratar de mellorar os protocolos de actuacion entre o 061 e a Policía Local.


#061 #CentrodeSaúde#PolicíaLocal#Bebé#OPorriño#Socialistas#ConcellodoPorriño

 
 
 

Comments


©2022 por Socialistas do Porriño (PSdeG-PSOE). Creada con Wix.com

bottom of page