O PSOE critica o desastre organizativo do goberno no pleno.
- novoimpulsooporrin
- 28 jul 2022
- 3 Min. de lectura

"Falta de organización, diálogo inexistente e prepotencia do alcalde". Este foi o resume do pleno ordinario do mes de xullo celebrado esta tarde no Concello do Porriño onde o goberno local amosou unha vez máis, a falta de preparación dos temas levados ao pleno e nos que a corporación municipal puido comprobar a precipitación e escaso diálogo cos que se manexa o actual alcalde, Alejandro Lorenzo.
O voceiro socialista David Alonso Bargiela, lamentou hoxe a prepotencia e escaso diálogo do rexidor popular que "xoga a enganar á corporación con operacións de crédito que logo desaparecen e aparecen como o Guadiana, no proxecto de orzamentos, mentres exerce unha clara presión política sobre o servizo de intervención para axustar os informes dos asuntos tratados no pleno aos seus intereses."
(Enlace á intervención do voceiro socialista - http://mediateca-oporrino.seneca.tv/s/CEZTclHLfPqv5PwFIorQsSQcGprx2XjcqLLdgDGO75Qyy9KB )
Alonso criticou que "o xogo de trileros ao que está xogando Alejandro Lorenzo coas inversións xa tivo unha consecuencua: a paralización das obras de saneamento por non facer as cousas ben." O voceiro socialista criticaba así a proposta dun suplemento de crédito proposto pola alcaldía con cargo ao remanente de tesourería que deixaron os socialistas en decembro, sen apoio da Xunta de ningun tipo, e que queda moi lonxe das espectativas dos cidadáns. "Agora xa sabemos por qué trae o PP este suplemento de crédito ao pleno e non vai no orzamento: porque se o fai, non lle dan as contas e a intervención o informaría de xeito desfavorable".
En menos de tres semanas, afirmou o lider socialista, pasamos de ter un proxecto de orzamentos sen traballar e sen inversión, un préstamo de 9,2 millóns de euros informado desfavorablemente pola intervensión e un suplemento de 600.000 euros para saneamento que non escondía outra cousa que evitar o control da intervención, a non ter nin préstamo nin suplemento, e probablemente, non ter orzamentos para o ano 2022.
Sentencias sobre as facturas recollidas nos recoñecementos de crédito
O Grupo Municipal Socialista, integrado por David Alonso Bargiela, Emilio Diz Castiñeira e Sergio Quintas Casal, lamentou tamén a actitude do goberno local en canto aos recoñecementos de crédito do concello. " A oposición frontal do PP e de Eu Son a calquer tipo de recoñecemento de crédito, existindo cartos para pagar, está levando ao concello a recibir, cada vez máis, sentenzas condenatorias con intereses de demora que só supoñen unha carga económica para o concello. E iso é responsabilidade de Alejandro Lorenzo"
Aprobación da iniciativa socialista para cubrir o 25% non financiado pola Xunta de Galicia das nóminas dos contratos laborales a tempo completo do programa de contratos RISGA.
O pleno ordinario serviu para aprobación da iniciativa socialista para a cofinanciación do 25% non subvencionado pola Xunta de Galicia para os contratos laborais do programa RISGA. O grupo municipal socialista aproveitou para criticar a Xunta de Galicia por un programa fundamental do cal a Consellería só fai publicidade pero non dota convintemente e condena aos concellos a cofinanciar estas nóminas para que sexan soldos dignos.
O grupo socialista reafirmou con esta iniciativa o seu compromiso cos traballadores/as como partido de esquerdas e comprometido cos traballadores/as
Voto a favor da licitación do servizo de axuda no fogar, que contou co voto en contra de EU Son Porriño.
O grupo socialista defendeu e votou a favor da licitación proposta polo goberno do servizo de axuda no fogar, que contou co apoio de todos os grupos excepto de EU Son Porriño, que votou en contra defendendo a municipalizacion do servizo cando inda non esta aprobado o novo orzamento, algo que os socialistas tildaron de incompresible. "É irresponsable, como persoa de esquerdas, non licitar un servizo como o de axuda ao fogar cando non existe inda orzamento. ¿Qué propón EU Son? ¿Rematar co servizo de axuda no fogar no Porriño mentres non exista orzamento?"
Commentaires