top of page

O PSOE ADVIRQUE QUE AS INVERSIÓNS DO PP NON CHEGARÁN PARA COFINANCIAR A ELIMINACIÓN DO PASO A NIVEL

Actualizado: 19 jun 2022





O grupo municipal socialista lamentou hoxe o retraso na presentación dos novos orzamentos municipais para o 2022 por parte do goberno municipal. Esta foi a valoración do PSdeG-PSOE do Porriño tras comprobar que xa pasou a metade do ano. O secretario xeral e voceiro local do PSOE porriñés, David Alonso, destacou que “a día de hoxe o noso grupo non recibiu información algunha do plan de inversión municipal nin de obras comprometidas e aprobadas no propio pleno. “O Alcalde fala de operación de crédito pero sen o plan de inversions do orzamento”, afirman os socialistas.


Alonso e o grupo socialista afirmaron que os 5 millóns de euros de inversión que anunciou o PP serán seguramente insuficientes non só para Porriño, senon xa só para cubrir a cofinanciación municipal da obra do Ministerio de Fomento para eliminar o paso a nive presentado polo gobernó socialista. Esta é unha condición innegociable para comezar a valorar o proxecto dos orzamentos, ademáis doutras inversións.”


“Os socialistas – afirmou Alonso- lamentamos que unha vez máis non se sepa da Xunta de Galicia para apoiar unha obra estratéxica como é a de eliminar o paso a nivel. Lorenzo pasou de negar a existencia do proxecto do Ministerio a recoñecer que existe, pero condena a que sexa só o Concello quen poña a parte de cofinanciación e xa advertimos, a partida é insuficiente”. Un feito que os socialistas tildaron de “mala xestión económica e escasa planificación”


“A día de hoxe, os porriñeses só vemos que o alcalde se aproveita das obras que fan outras admistracións como a gardería da zona franca ou a inversión do consorcio de augas do Louro, por certo, menor da esperada. Agora Alejandro Lorenzo xa recoñece que existe un proxecto para eliminar o paso a nivel pero da Xunta non sabemos nada. Menos fotos e máis xestión.”


O grupo socialista anunciou nese sentido que propondrá no parlamento galego que a Xunta de Galicia se implique en parte da cofinanciación da obra do paso a nivel e esixiu a inmediata convocatoria da comisión de orzamentos para coñecer a qué quere adicar o alcalde os 5 millóns propostos. “O alcalde chega con case 7 meses de retraso e advertimos que non imos dar un cheque en branco", afirmou o voceiro socialista.


 
 
 

Comentarios


©2022 por Socialistas do Porriño (PSdeG-PSOE). Creada con Wix.com

bottom of page