David Alonso, novo secretario do PSdeG-PSOE porriñes
- PSdeG-PSOE O Porriño
- 6 mar 2022
- 2 Min. de lectura
Actualizado: 16 mar 2022
O concelleiro socialista David Alonso Bargiela, asumiu hoxe a secretaría xeral do PSdeG-PSOE do Porriño tras unha asamblea na que a súa candidatura foi aprobada pola militancia do socialismo porriñés.
O novo secretario xeral dos socialistas do Porriño, tivo palabras de agradecemento para a súa predecesora, Soledad Girón, e prometeu iniciar un proceso para normalizar e recuperar o PSdeG-PSOE do Porriño tras uns meses complicados para o socialismo local tras a perda da alcaldía e o falecemento da ata fai pouco alcaldesa, Eva García de la Torre, para quen tivo unha emotiva lembranza e da man da cal entro una vida política loca.
David Alonso Bargiela é licenciado en dereito e exerceu como concelleiro de Emprego, Asuntos Sociais, Deportes e Promoción Económica no goberno socialista ata o mes de decembro, asumindo tamén dende agosto do ano 2021, a secretaría de organización local do PSOE. O novo secretario xeral afirmou que “o partido socialista do Porriño inicia un proceso de renovación interna logo de varios meses complicados, nos que compre analizar os nosos erros, con honestidade e autocrítica, recuperar a unidade e voltar a reconectar e ilusionar á ciudadanía do Porriño” e afirmou que ese proceso será positivo, porque o PSOE é o partido con máis historia do Porriño e é máis necesario que nunca.
Alonso afirmou que a Agrupación socialista do Porriño comezará un traballo intenso a partir de agora en dúas liñas. A primeira, para actualizar o seu proxecto, medios e equipo humán e unha segunda liña, centrada no traballo municipal. O novo secretario xeral anunciu que o grupo municipal socialista porá en marcha unha axenda de traballo e reunións cos colectivos veciñais, econnómicos e sociais para levar os seus problemas e necesidades ao pleno da corporación. Neste senso, Alonso lanzou xa unha primeira mensaxe ao novo alcalde, Alejandro Lorenzo, “O novo alcalde tivo os seus primeiros 100 días de goberno, pero xa estamos observando moitas decisións perxudiciais para Porriño. Seremos constructivos cos temas que beneficien a nosa cidade, pero vixiantes ante calquer intento de engano ou decisión do PP que afecte a O Porriño. Porriño precisa un gobernó con altura de miras nos temas que afectan a nosa cidade e non estamos comprobando iso no novo alcalde”.
Por último, Alonso afirmou que "O PSOE lidera a oposición no Porriño. E quero decir que seremos a alternativa progresista a este goberno local nas vindeiras eleccións municipais, porque queremos construir un Porriño máis xusto, habitable, con máis benestar e máis forte na Provincia de Pontevedra e en Galicia. Son un veciño de Cans que ama o seu Concello e polo que vai loitar. A iso vou adicar todo o meu tempo”

Comments