LORENZO PROMETE EN ATIOS UN CENTRO DE MAIORES PROMETIDO A BUDIÑO FAI UN ANO .
- novoimpulsooporrin
- 1 abr 2023
- 2 Min. de lectura
O Partido Socialista do Porriño lamentou hoxe que dentro do carrousel de ofertas electorais do actual alcade e o PP, Lorenzo marxine á parroquia de Budiño, á que prometeu fai escasamente un ano un centro de Maiores para agora prometer de novo o mesmo centro de Maiores pero en Atios.
Os socialistas lembran ao Alejandro Lorenzo que fai un ano, prometeu unha inversion de 1,2 millóns de euros para un novo centro de maiores con fondos Next Generation. A inversión contemplaba un novo edificio no PPI-6 de A Granxa, en Budiño, para 24 usuarios como queda amosado na publicacion do propio Concello do Porriño.
A mala tramitación e un proxeto que non acadou a puntuación suficiente, fixo que Alejandro Lorenzo perdera esa subvención.

Pero un ano despóis deste anuncio, Alejandro Lorenzo marxina a Budiño e promete exáctamente o mesmo centro de maiores na parroquia de Atios, na antiga Escola Infantil. E o fai unha semana apenas despóis de que o candidato socialista David Alonso Bargiela, propuxera unha nova Gardería na Escola Infantil de Atios, tras a negativa da Xunta de Galicia a impulsar unha nova gardería no Porriño. É importante lembrar que a reforma da antiga Escola de Atios foi posible grazas á inversión da Deputación de Pontevedra gobernada pola socialista Carmela Silva.
Pero a nova proposta de Lorenzo, ademáis de marxinar á parroquia de Budiño, reduce de xeito moi importante a inversión: de 1,2 millóns de euros a apenas 200.000 euros, contemplando as mesmas prazas.

O candidato socialista David Alonso lamentou que Lorenzo marxine a Budiño e indicoulle que as eleccións non poden ser un carrousel de de propostas cambiantes en cada parroquia cada ano e o instou a chegar a un acordo na Corporación Municipal: "As propostas artificiais de Lorenzo non teñen seriedade. Non se pode propoñer o mesmo cada ano en unha parroquia. Non é serio."
Comments