O GMS pide un BONO SOCIAL ENERXÉTICO
- PSdeG-PSOE O Porriño
- 14 mar 2022
- 2 Min. de lectura
Actualizado: 25 mar 2022
O voceiro socialista David Alonso Bargiela compareceu hoxe polos concelleiros Sergio Casal Quintas e Emilio Diz Castiñeira do Grupo Municipal Socialista do Porriño para presentar a súa primeira iniciativa para o vindeiro pleno da corporación municipal: o BONO SOCIAL ENERXÉTICO.
O novo voceiro socialista, afirmou que “os intres que estamos a vivir a nivel internacional comezan a ter un gran impacto social nas familias e empresas da nosa contorna. Por elo, é necesario que o Concello do Porriño reoriente a súa actividade a esta problemática social derivada da alza de presos de combustibles e da electricidade.”
Segundo David Alonso, “non só os 860 autónomos e as medianas empresas estanse a ver perxudicadas, senon que a alza de presos da electricidade, está a suponer auténticas traxedias económicas nas familias con menos recursos.”
“Durante a pandemia de COVID-19 - continuou Alonso- o goberno socialista impulsou o primeiro plan de apoio a comerciantes, hosteleiros e autónomos, e pensamos que estamos a vivir nuevamente un momento de excepcional urxencia social, e polo tanto, esimamos previso que o Concello do Porriño aprobe unha nova liña de apoio aos colectivos máis desfavorecidos cunha partida orzamentaria dirixida a compensar parte dos gastos derivados de esta alza de presos”.

O grupo municipal socialista plantexará por tanto, no vindeiro pleno, unha iniciativa orientada a crear un BONO SOCIAL ENERXÉTICO dirixida a dous colectivos: pequenas empresas, comerciantes e autónomos por un lado, e familias en risco de exclusión e persoas xubiladas con escasos recursos. “Queremos que a corporación municipal aprobé o BONO SOCIAL ENERXÉTICO para poder facer fronte a situación que vivimos e porque temos que comprometernos cos porriñeses e porriñesas que o están pasando mal. Para elo, plantexamos que este BONO SOCIAL ENERXÉTICO comece cunha partida de choque de 200.000 euros, sen menoscabo a que no futuro, se poida ampliar a súa dotación en caso de ser necesario” afirmou o voceiro socialista.

Como conclusión, o grupo socialista agarda que o resto dos grupos da corporación, cos que manterá contactos para plantexar esta iniciativa, así como a diversos colectivos sociais e económicos do Porriño para recoller as súas inquedanzas. “Se eu fora o alcalde do Porriño, tería claro nestes intres, as prioridades sociais dos nosos veciños e veciñas. Temos que centrarnos no importante e ter altura de miras.”






Comentarios