DAVID ALÓNSO PROPÓN UNHA PISCINA BIOSAUDABLE E DE LECER EN TORNEIROS.
- novoimpulsooporrin
- 17 mar 2023
- 2 Min. de lectura

O candidato socialista David Alonso Bargiela, comezou a desgranar parte do seu programa electoral con propostas para facer fronte ás necesidades do Porriño. Entre elas destacou a aposta pola mellora da calidade de vida de Porriño, as suas parroquias e o espazo urbano de Torneiros.
Neste censo, Alonso avanzou que propondrá a creación de “AquaLouro”, un proxeto de construcción dunha nova piscina municipal en Torneiros, no barrio da Relva. Será unha piscina pública con teito retractil e accesible para personas .de todas las idades, concebido como un espazo para o lecer e a saúde. Un proxecto pensado para o deporte, a saúde e tamén para os máis novos, con espazos de lecer. O candidato socialista avanzou que o anteproxecto do que dispón o PSOE está valorado en preto de 2 millóns de euros e que xa traballa en buscar fontes de financiación para poder levala a cabo. “Temos clara a mellor ubicación desta instalación en Torneiros. O barrio da Relva é unha zona bastante accesible para o resto dos porriñeses e do resto das parroquias”
Aqualouro está deseñada para ser accesible para todos, incluindo persoas con movilidade reducida, mediante rampas de acceso, asentos elevados e outros dispositivos de asistencia, así como tratamentos de hidroterapia e rehabilitación física. Servizos para aqueles que buscan mellorar a súa saúde e benestar a través da agua. A piscina, avanzou Alonso, contará cunha tecnoloxía avanzada de purificación de agua sen cloro, mediante bromo, máis amigable co medio ambiente.
Ademáis de para o deporte ou a saúde, o proxeto contempla un teito retractil para poder ser usada a ceo aberto en verán, polo que será un punto de encontro dos máis novos cando a temperatura sexa a adecuada. Os máis novos terán en Aqualouro un espazo de xogos e lecer, con zonas verdes de esparcemento e zona infantil e de xogos. “A xente nova do Porriño ten poucas alternativas, e é preciso dotarnos de espazos para que os máis novos e os nosos mozos e mozas, poidan ter un espazo de lecer sen ter que desplazarse”

O candidato socialista, afirmou que con esta proposta, os socialistas queren ampliar a oferta de actividades e de puntos de deporte, lecer e saúde, nun espazo, Torneiros, que precisa mais infraestructuras para poder equipararse ao centro urbán, como a mellora integral do mantemento e a instalación de novas infraestructuras como esta.
David Alonso rematou, afirmando que os socialistas traballan nun programa electoral pensado para os porriñeses e que presentarán nun acto aberto para dar a coñecer as propostas para os porriñeses de cara as vindeiras eleccións municipais,
Comentários