DAVID ALONSO TRASLADA AO MINISTERIO DE INDUSTRIA AS NECESIDADES INDUSTRIAIS DO PORRIÑO
- novoimpulsooporrin
- 15 jul 2022
- 2 Min. de lectura
DAVID ALONSO TRASLADA AL SECRETARIO GENERAL DE INDUSTRIA Y DE LA PEQUEÑA Y MEDIANA EMPRESA LA NECESIDAD DE SEGUIR APOYANDO AL SECTOR DE LA AUTOMOCIÓN Y GRANITO PORRIÑÉS, MENTRES O PP ESTÁ DESAPARECIDO.
O secretario xeral e voceiro socialista do Porriño David Alonso mantivo onte en Ferrol un encontro con Raúl Blanco Díaz, secretario general de Industria e da Pequena e Mediana Empresa do Ministerio de Industria do Gobierno de España para abordar diferentes aspectos e preocupacións do sector empresarial de O Porriño.
David Alonso analizou con Raúl Blanco Díaz a importancia de que o Goberno central e os investimentos incluídos no Plan de Recuperación e Resiliencia, especialmente nas posibilidades que abre o PERTE de Automoción, teñan en conta a situación estratéxica da industria porriñesa e as súas posibilidades. “Na actualidade, explica Alonso, O Porriño é un importante centro industrial relacionado coa automoción e a súa empresa auxiliar, que xera un gran número de postos de traballo no Porriño. Preocupa que varias empresas, pola mala xestión dos terreos por parte da Xunta de Galicia, vaian a Portugal onde atopen terreos e mellores condicións para instalarse, como aconteceu recentemente con algunhas delas. Por iso trasladamos ao secretario xeral de Industria e da Pequena e Mediana Empresa, Raúl Blanco, a importancia do Porriño á hora de realizar investimentos estratéxicos. Queremos que no Porriño se garanta un emprego de calidade e que sexamos un polo de atracción de novos investimentos innovadores. Alonso tamén comentou que O Porriño aínda ten un importante número de metros cadrados de solo industrial anexos ao polígono da Granxa, en Budiño, que poderían albergar iniciativas industriais innovadoras como a fabricación de baterías de vehículos ou os seus compoñentes. O Porriño é un bo lugar para investir dun xeito innovador e respectuoso co medio ambiente”
Así mesmo, Alonso e Blanco abordaron a preocupación que vive o sector do granito en Porriñán polo avance do granito chinés, que vén a un prezo moito máis baixo e de peor calidade. Alonso trasladou á Secretaría de Industria a posibilidade de promocionar un selo ou unha marca que represente o granito de orixe española, especialmente o do Porriño, para protexer este produto e poñelo en valor no mercado.
Así mesmo, o secretario xeral dos socialistas do Porriño abordou con Blanco a importancia estratéxica do Porriño no sector industrial e o abandono ao que a Xunta de Galicia o condena desde hai anos: “Non sabemos nada da Xunta de Galicia. dende hai séculos en referencia a industria do Porriño. O Porriño non importa absolútamente nada ao Xestur nin a Conselleria de Economía e Industria. Nin por certo, ao alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, que parece máis centrado na organización de festas que na defensa dos intereses do Porriño” e lembrou o bo papel da Zona Franca na promoción do solo industrial no Porriño e, recentemente, unha nova gardería no polígono da Granxa.
Alonso aproveitou para convidar ao Porriño ao secretario de Industria, invitación que este fixo á conselleira de Industria e Comercio, Reyes Maroto.
Kommentare