DAVID ALONSO RESPONDE A ALEJANDRO LORENZO QUE O ORZAMENTO CHEGA TARDE, MAL TRABALLADO E CON DÉBEDA
- novoimpulsooporrin
- 21 jul 2022
- 2 Min. de lectura

O secretario xeral e voceiro socialista do Porriño David Alonso realizou hoxe, tras a celebración da comisión informativa de facenda do Concello do Porriño, un primeiro análise da proposta de orzamento municipal, que confirma as sospeitas que xa tiña o grupo socialista: o orzamento chega pouco traballado, sen plan de inversións cun aumento desmedido de gastos de protocolos e festexos e cunha reducción do gasto social, de fomento económico e de infraestrucuturas. Por se fora pouco, o PP plantexa un endebedamento de 9.200.000 euros sen indicar en qué se van gastar.
“Decepcionante”, ese foi o calificativo do voceiro socialista ao analizar o documento de orzmentos, ao que engadiu que “tras anos escoitando a Alejandro Lorenzo na oposición falando da necesidade de recortar gastos, agora atopámonos máis débeda e máis gastos en festas e gastos protocolarios de alcaldía, que ascenden a máis de medio millón de euros pero non as obras que O Porriño precisa.”
“A XUNTA DE GALICIA SEGUE MARXINANDO A O PORRIÑO”
“ Se falamos de inversions - segue o líder socialista- a valoración inda é peor, dado que o orzamento non contempla plan de inversión con fondos propios, e queda supreditado a un préstamo bancario que hipotecaría ao Concello por 10 anos (nunha coxuntura de subidad de tipos de interese) sen ademáis ter un desglose claro do que se quere facer. Non imos asinar un cheque en blanco.”. Os socialistas, que xa anunciaron enmendas aos orzamentos, din non compartir a necesidade de endebedarse, e lembran que deixaron un remanente de tesourería positivo de 12 millóns de euros de fondos propios.
David Alonso confirmou estos días con fontes cercanas ao do Ministerio de Fomento que a día de hoxe, o Concello do Porriño non mantivo ningún contacto con eles para impulsar o convenio para a eliminación do paso a nivel, polo que a partida que presenta Alejandro Lorenzo neste préstamo, é totalmente ficticia. “O alcalde non falou nin con Fomento nin coa á Xunta de Galicia, que debería apoiar esta infraestructura fundamental para O Porriño. “Parece que na Xunta de Galicia e no PP galego, O Porriño non só pesa pouco, se non que non parece facer nada para incrementar ese peso político e que se traduza en infraestrucutras para O Porriño como pasa noutros concellos. Alejandro Lorenzo pinta pouco”
Retirada do punto da orde do día por parte do alcalde.
O grupo socialista coñeceu ao remate da comisión informativa e logo do debate, a decisión do goberno local, de retirar o punto dos orzamentos e do préstamo do pleno ordinario de xullo.
O secretario xeral dos socialistas de O Porriño xa recomendara na comisión ao goberno local retirar os orzamentos e sentarse a negociar coa oposición as inversións e necesidades do Porriño
“O orzamento chega tarde, pouco traballado, sen inversións con outras administracións e sendo optimistas non entraría en vigor ata outubro-novembro, polo que non vai ter execución. Sería máis intelixente preparar un orzamento para o 2023.”
A retirada dos orzamentos e do préstamo, conclúen os socialistas, é unha mostra máis de que o alcalde presenta as cousas en prensa antes de que estén ben traballadas “Menos fotos e máis traballo e diálogo”, recomendou David Alonso.
Comments