David Alonso quere un Porriño con sensibilidade social, económica e ambiental.
- novoimpulsooporrin
- 5 feb 2023
- 3 Min. de lectura

O PSdeG-PSOE do Porriño deu o pistoletazo de saída ás elección municipáis do Porriño cunha mostra de poder institucional e orgánico na parroquia de Budiño aproveitando a festa de San Blas, e arropado pola presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, o secretario xeral dos socialistas de Pontevedra, David Regades e os alcaldes de Tui e Salceda, así como deputados provincias, autonómicos e unha nutrida representación de militantes e vontantes socialistas da comarca. Alonso estivo tamén arropado por tres candidatos socialistas entre os que se atopaban os da primeira corporación democrática en 1979, Raúl Francés Valverde e Carlos Díaz, e tamén Celso Fernández Maceira e Iván Vaqueiro, aos que Alonso agradeceu o seu apoio e apelou á tradición do socialismo porriñés como un exercizo de servizo aos cidadáns.
O candidato socialista, presentado polo edil Emilio Diz Castiñeira, comezou o seu discurso apelando á importancia de traballar con ilusión, honestidade e autocrítica para mellorar a vida dos porriñeses e porriñesas. “O Porriño precisa algo máis que un organizador de festas, precisa compromiso, xestión e sensibilidade coas persoas. Esta semana, fomos testigos, co desmantelamento do Servizo de emprego municipal, do que representa o PP e este alcalde: cero interese polos seus veciños e cero sensibilidade social.”
Alonso avanzou que se presenta ás eleccións “coas pilas postas, cun equipo renovado, capacitado e comprometido con Porriño” e cun programa “ambicioso, ben definido e á altura do que O Porriño merece”.
O candidato socialista destacou que o seu será un programa progresista alineado cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable de Nacións Unidas e que terán un triple eixo: social, económico e ambiental. E o resumiu nunha frase “hai un novo PSOE con proxecto para convencer e ilusionar a maioría social de Porriño. Do Porriño que quere avanzar”


Alonso tivo tamén verbas para o actual alcade: “A chegada en extrañas circunstancias de Alejandro Lorenzo á alcaldía, pode resumirse nunha palabra: decepción. Un alcalde que non só non foi quen de atraer inversións, senón que desatendeou as infraestructuras, e presenta una mala xestión económica: paraliza os pagos do Concello, consume todo o aforro neto que tiña o Concello e foi totalmente incapaz de negociar e aprobar uns orzamentos. Un alcalde ao que só lle preocupa organizar festas, que non traballa nos asuntos importantes. O Porriño merece un goberno que deseñe un proxecto de futuro ilusionante para o noso pobo, que afronte os desafíos do noso Concello e que atenda aos problemas diarios dos porriñeses”, afirmou David Alonso.
Apoio provincial e estatal
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, manifestou no acto, que ten a esperanza de que O Porriño teña un alcalde socialista porque “o alcalde actual ten pouca capacidade é unha mala xestión. Inda estamos esperando que se reúna con nós para falar dos problemas e necesidades dos porriñeses. Non todo poden ser festas, hai que ter xestión e ilusionar os cidadáns cun proxecto de cidade para as persoas e a polo benestar”
O secretario xeral dos socialistas de Pontevedra David Regades, estivo tamén moi incisivo co actual alcalde porriñes, Alejandro Lorenzo, ao que tildou de “incapaz de pedir unha reunión para soluciona o problema do paso a nivel do Porriño que estaba moi avanzado.
Regades presentou a David Alonso Bargiela como o alcalde que os porriñeses merecen, “porque é unha persoa comprometida, digna e todos os datos preelectoráis dos que disponemos, indican que a esquerda superará en votos á dereita”, e resumiu a súa valoración electoral afirmando que “hai partido”.
Regades rematou a sú intervención cunha mensaxe aos porriñeses: “Alonso é un candidato preparado (licenciado en dereito), con experiencia e polo que poño a man no lume. Por outros candidatos, vistos os seus procesos xudiciais, non se pode dicir o mesmo.”
Emotiva lembranza a Tino Canabal e Eva García
O evento tivo un intre emotivo cando os socialistas lembraron ao seu recentemente falecido secretario de organización, Tino Canabal, e o primeiro cabodano da alcaldesa socialista Eva García de la Torre.
Comments