DAVID ALONSO AFIRMA QUE A DERROTA DO ORZAMENTO AMOSA INCAPACIDADE PARA DIALOGAR DE ALEJANDRO LORENZO
- novoimpulsooporrin
- 28 jul 2022
- 2 Min. de lectura

O secretario xeral e voceiro socialista do Porriño David Alonso Bargiela, valorou a derrota do gobernó do PP no debate de orzamentos celebrado na tarde de hoxe como unha clara derrota política de Alejandro Lorenzo, que foi incapaz de chegar a un mínimo acordo coa corporación municipal para aprobar os orzamentos. “Foi a crónica dunha norte anunciada, unha irresponsabilidade e o mellor exemplo de que Alejandro Lorenzo é incapaz de xestionar o Concello do Porriño. Avisamos de que o orzamento viña pouco traballado, sen un plan de inversións claro, cun aumento desmedido de gastos de protocolos e festexos e cunha reducción do gasto social, de fomento económico e de infraestructuras.”
“A primeira obriga dun alcalde é por os intereses dos veciños por riba do orgullo persoal, e non vimos eso no alcade, que nin sequera foi quen de levantar o teléfono para buscar o apoio dos grupos da corporación para acadar a maioría”, indicaron dende o grupo municipal socialista. O voceiro municipal socialista, agradeceu ao concelleiro popular Abel Estévez, a reunión que mantuvo co PSOE para escoitar as propostas socialistas, que presentaron 25 enmendas ao orzamento, pero Alejandro Lorenzo nin valorou nin integrou na proposta de orzamentos “polo que parece -indican dende o PSdeG- o alcalde desbotou o traballo de diálogo do seu propio concelleiro de goberno, e antepuxo o seu orgullo a unha negociación aberta e sinceira, adicándose a presionar ao departamento de intervención para que os informes sobre o endebedamento foran do seu agrado, levando ao Concello a unha situación imposible de aumento de débeda, gastos protocolarios e festexos, mentres as inversións eran inexistentes e non se incluían as propostas aprobadas no pleno.
“O pleno de orzamentos amosou a soidade de Alejandro Lorenzo, ao que recomendamos que recapacite e comece a traballar no orzamento do 2023 e que o faga de xeito honesto, sen trampas e tendo en conta a necesidade de dialogar, como lle propuxemos. Facer o contrario ser reincidir na irresponsabilidade. O Porriño non precisa un alcalde que non fala, que non dialoga, e que só ten unha clara voracidade de gasto, sen un proxecto claro de cidade e que nin busca os fondos noutras administracións para que O Porriño mellore. Estamos ante unha política de clara improvisación e por se fora pouco, de dialogo. Así non se pode gobernar - afirmou David Alonso”
Comments