top of page

Bota a andar a nova Comisión Executiva Local

Actualizado: 16 mar 2022

A nova comisión executiva local do PSdeG-PSOE do Porriño mantivo a súa primeira xuntanza este luns 7 de Marzo de 2022. Nela, os membros da nova executiva fixaron o plan de traballo para os vindeiros meses, actividade plenaria e organizativa da Agrupacion Local Socialista.


O novo secretario xeral dos socialistas Porriñeses, que asumiu fai uns días a portavocía do grupo municipal socialista, analizou co resto do seu equipo, as necesidades e o plan de traballo para os vindeiros meses, que inclúen a renovación do proxecto, a ampliación da base social da agrupacion e unha intensa axenda de traballo con colectivos sociais, económicos, culturais e deportivos para recoller as súas necesidades e trasladalas ás institucións.


Alonso afirmou asimesmo, que comezará unha rolda de reunións con institucións para manter unha axenda de temas relacionados coas necesidades e inversións que O Porriño precisa a nivel provincial, galego e estatal.


"Somos a primeira forza da oposición e a alternativa a este goberno local do PP e imos traballar para gañar a confianza dos porriñeses e porriñesas dende o primeiro día. Nelo imos deixar todo o noso tempo, porque os nosos veciños/as o merecen."




 
 
 

Comentarios


©2022 por Socialistas do Porriño (PSdeG-PSOE). Creada con Wix.com

bottom of page