APROBADA A CANDIDATURA DO PSOE DO PORRIÑO
- novoimpulsooporrin
- 4 abr 2023
- 2 Min. de lectura
Actualizado: 10 may 2023

A asamblea local do PSdeG-PSOE do Porriño ratificou por unanimidade a candidatura socialista ás eleccións municipais de Maio de 2023. O candidato agradeceu a confianza das bases socialistas e afirmou que “hoxe poñemos en marcha un novo PSOE, un PSOE renovado e cun equipo con capacidade, compromiso social con Porriño. Unha lista que incorpora xuventude e experiencia e un alto compromiso coa veciñanza.”
Alonso presentou a candidatura socialista á militancia onde destaca unha maior presenza femenina, con tres mulleres entre os 5 primeiros postos. Tras o candidato socialista, licenciado en dereito David Alonso, destacan, en 2º lugar, a periodista e profesional sanitaria Sthela Táboas González, en 3º lugar á docente e orientadora laboral Celia Alonso González, en 4º lugar a emprendedora e profesional do sector comercial Alba Romero Pereiro. O 5º lugar o ocupa o actual concelleiro socialista Sergio Quintas Casal, que foi responsable de Servizos e Medio Ambiente no anterior gobernó local. O sexto lugar será ocupado por Juan Carlos Domínguez Faro, miembro de la Comunidad de Montes de Torneiros, o séptimo posto pola veciña de Atios Tania Besada Domínguez profesional sanitaria e técnica de farmacia e o 8º posto, por Ángel Martínez de Budiño, técnico oficial de xestión ambiental e de xardinería.
.
Alonso destacou as virtudes da candidatura que presentou, da que afirmou que “é unha lista plural, paritaria e que aposta pola diversidad, a integración e a inclusión social.” na que destacou a incorporación do secretario provincial de discapacidad Israel Mercader o o primeiro representante do colectivo xitano porriñés nunha candidatura socialista, David Jiménez Romero.
A lista, se completa con representantes de diferentes parroquias e colectivos, na que destacan os ex candidatos socialistas Celso Fernández Maceira ou Iván Vaqueiro, ou Carlos Díaz ex presidente do Club Porriño Industrial e concelleiro na primeira lexislatura da democracia. A lista a pecha Adoración Carrera Castro, unha das fundadoras da Fundación Érguete, xunto con Carmen Avendaño.
A asamblea ratificou tamén o candidato socialista á Entidade Local Menor de Chenlo, Helder Gonçalvez Barreiro, unha aposta por un candidato novo para impulsar un cambio socialista tamén nesta administración supramunicipal.
A candidatura socialista será presentada aos porriñeses nas seguintes semanas ademáis do programa electoral.
Comments