top of page

ALONSO AFIRMA QUE FACENDA DA A RAZÓN AO PSOE SOBRE A DÉBEDA MUNICIPAL



O PSdeG-PSOE do Porriño tildou hoxe ás declaracións do actual alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo sobre a débeda municipal e o pagamento de facturas, de “engano masivo aos cidadáns e cinismo político” ao afirmar que a débeda municipal reduciuse en 2 M de €, cando a realidade é que ese recorte provén da obriga de Facenda de pagar esa cuantía, por considerar as facturas totalmente válidas e da elimininación por parte de Lorenzo de un millón de euros pendentes de sentenza cos proveedores. Por moito que intente escondelo, asistimos a un auténtico “tirón de orellas” a Lorenzo por parte de Facenda, e un intento de engaño masivo de Alejandro Lorenzo.


Os socialistas destacaron a tremenda irresponsabilidade que supón borrar da contabilidade Municipal 1 M de € en facturas pendentes de xuizo, decisión que tomou Alejandro Lorenzo para realizar unha auténtica maquillaxe contable, xa que se os procesos xudiciais condenan a pagar ao Concello, terán que recollerse novamente na contabilidade outra vez.


Cinismo e engano coa débeda municipal.


O voceiro e candidato socialista, David Alonso Bargiela, saiu hoxe a respostar a Alejadnro Lorenzo, ao que pediu “decir a verdade e non mentir aos porriñeses sobre a dédeba municipal” e lembrou que cando Alejandro Lorenzo tomou posesión como alcalde no 2022, as arcas do Concello tiñan de 13 millóns de euros. “Xa está ben de mentir sobre a débeda. Lorenzo paralizou os pagos pendentes durante anos co seu voto, sabendo que o Concello tiña fondos de sobra para pagar. O candidato socialista achacou a Lorenzo a responsabilidade absoluta do PP da débeda municipal, ao negarse a aprobar os pagos no plenos, que sistemáticamente, bloqueou votando en contra.


“Temos un alcalde que minte. Xa o sabemos e é unha vergoña” afirmou Alonso, que lembrou que “O propio Consello Consultivo de Galicia tildou de "chapuza " a Revisión de Oficio de estas mismas facturas encargada polo Alcalde na súa auditoría. O Consello Consultivo indica claramente que hai que pagar toda a débeda pendente a proveedores e sólo pon en dúbida a facturación xudicializada pendente de sentencia.


“Mentres o alcalde se adica día a día a vender fume e mentir, o Porriño segue sen Orzamentos no mes de Marzo.” Alonso recomendou a Lorenzo deixar de mentir e porse a traballar en regularizar a débeda que el mesmo creou ao no pagar a tempo.

 
 
 

Comentários


©2022 por Socialistas do Porriño (PSdeG-PSOE). Creada con Wix.com

bottom of page