top of page

ALEJANDRO LORENZO ACADA "CERO EUROS" NOS ORZAMENTOS DA XUNTA, CRITICA O PSOE.


O GRUPO SOCIALISTA DENUNCIA QUE A XUNTA ADICA “CERO EUROS” PARA O PORRIÑO NOS ORZAMENTOS DE 2023


A viceportavoz e deputada autonómica do PSdeG-PSOE, Leticia Gallego, compareceu hoxe co voceiro e secretario xeral do PSdeG do Porriño, David Alonso Bargiela, para valorar a ausencia de inversións da Xunta de Galicia no Porriño para o ano 2023. "Logo das múltiples visitas institucionais de altos cargos do goberno anunciando investimentos millonarios na vila, ningunha das promesas do PP e de Alejandro Lorenzo está reflectida nas contas para o próximo ano"


A parlamentaria socialista lamentou que logo da caravana de altos cargos que teñen pasado por diante da localidade, no momento de elaborar os Orzamentos para 2023 “demostran que só eran simples anuncios, publicidade do PP á que tristemente estamos afeitos”. Anunciou que os socialistas galegos pedirán mobilizar 766 millóns de euros nas emendas aos Orzamentos, especialmente centradas nos servizos públicos e incluíndo as principais demandas para O Porriño.


Cero euros nos orzamentos.


O portavoz socialista no Concello, David Alonso Bargiela, cualificou os Orzamentos de “tomadura de pelo para a veciñanza”, logo de que a xunta anunciara investimentos por 15,7 millóns de euros de investimentos, que se traduciron nun investimento que “non inclúe nin un céntimo para os porriñeses”. Lamentou o “abandono total” da localidade dende o ano 2009, acumulando unha débeda histórica que os socialistas do Porriño teñen cuantificado en 160 millóns de euros, dacodo coa estimación media de inversion da Xunta nos concellos galegos e a extrapolación durante os últimos 13 anos (dende que o PP chega á Xunta de Galicia).


As emendas que presentarán os socialistas galegos inclúen o saneamento das parroquias, “abandonadas” polo goberno galego, así como as necesidades de política social e educación do concello, como a unha nova gardería (Galiña Azul) na parroquia de Atios, unha residencia de maiores ou unha nova cuberta do IES Pino Manso, para axudar aos nenos e nenas que “non poden estar cubertos no recreo”.


Tamén pedirán a cuberta dos pavillóns e a instalación do parque no IES Ribeira do Louro, a substitución de céspedes artificiais, e as cubertas de varias pistas deportivas e e do parque Torneiros. Ademais, reclamarán a construción de beirarrúas e apuntalamento da seguridade viaria dende a Vaquería ata a rotonda Latorta, así como a ampliación e a mellora da accesibilidade ao Centro de Saúde.


Un alcalde "sen peso político"


David Alonso reclacou a falta de "peso político" de Alejandro Lorenzo, que mentres "devora o remantente de tesourería municipal que deixamos os socialistas, é incapaz de acadar un só euro dos seus compañeiros do PP na Xunta de Galicia. O Porriño precisa un alcalde con peso político propio, non un delegado do PP incapaz de defender ao seu pobo".

 
 
 

Comments


©2022 por Socialistas do Porriño (PSdeG-PSOE). Creada con Wix.com

bottom of page