top of page

A IRRESPONSABILIDADE DE ALEJANDRO LORENZO OBRIGA A PORRIÑO A PAGAR INTERESES.

Actualizado: 29 mar 2022

O PSOE ACUSA A ALEJANDRO LORENZO DOS INTERESES DE DEMORA DAS SENTENCIAS DAS FACTURAS QUE EL MESMO SE NEGOU A RECOÑECER NA OPOSICIÓN E PARA AS QUE EXISTÍAN FONDOS .


O Voceiro do Grupo Municipal Socialista do Porriño, David Alonso Bargiela, quixo sair ao paso das declaración realizadas polo alcalde do Porriño en prensa esta fin de semana sobre aspectos relacionados coa débeda municipal, que Alonso tildou de "fora da realidade e de una alta hipocresía política".





O PSOE do Porriño quixo aclarar estas declaracións de Lorenzo nos seguintes puntos:

  1. A maior parte da débeda existente, é resultado da negativa constante do PP no pleno a recoñecer facturas pendentes exisitindo crédito para poder facelo, e que as empresas están a reclamar no Xulgado o que obriga a pagar intereses de demora. Este feito é moi grave e o PSOE fai responsable ao propio Alejandro Lorenzo na súa etapa da oposición e aos que votaron en contra dos mesmos.

  2. Existen 3,5 M € das facturas pendentes que teñen todos os informes preceptivos dos Técnicos Municipais que certifican que as facturas son correctas e se deben pagar. Outra mentira do alcalde, din os socialistas, e que coa súa demora, as empresas o están a pasar mal por non cobrar.

  3. O goberno socialista deixou 9 M de € en fondos propios de Remanente de Tesorería (eran 13 en decembro de 2021), que poden servir para enxugar esa débeda, polo que as declaracions do alcalde son mera propaganda e mentiras políticas, mentras evitaba que se pagasen as facturas que agora veñen con intereses, de xeito irresponsable.

  4. No ano 2003, o PSOE asumiu a área de facenda e recolleu unha débeda de 12 millóns de € da época do ex alcalde do PP Jose Manuel Barros e fixo unha labor de saneamento das contas do Concello do Porriño, e que se asumiu como a tarefa que un responsable de goberno ten que facer.

  5. O PSOE do Porriño está a valorar a Reclamación Patrimonial a os concelleiros/as que votaron en contra do pago das facturas e que están a provocar sentencias condenatorias que obrigan a o concello o pago de intereses. A última, a de “Promocións Guanabara” por un importe de 9.000 € e 600 en costas o que vai a suponer unha sangría ao Concello, que é responsabilidade do propio Lorenzo, por non aprobar os recoñecementos de crédito. E esto só acaba de comezar, afirman os socialistas.

  6. Indicar, por último tamén, que o Plan de Emprego Municipal foi aprobado grazas a oposición, xa que o PP está en minoría e precisa do apoio da oposición para todo. O PSOE recorda a Lorenzo que se trata dun Plan no que colabora a Deputación de Pontevedra, gobernada polos socialistas e que cofinancia este plan cun 50%.


Como conclusión Alonso quixo recordar ao alcalde que "a súa obriga é gobernar para todos, incluido os proveedores aos que se nega a pagar por traballos efectuados e con precio de mercado e que o que debería estar facendo é presentar os orzamentos de 2022 que vai xa con catro meses de retraso".

 
 
 

留言


©2022 por Socialistas do Porriño (PSdeG-PSOE). Creada con Wix.com

bottom of page